Volume 1 Número 1 Ano 2004
Autor:Belén Gómez Quevedo
O turismo do interior. Unha forma de viaxar que hai que potenciar.
Autor: Belén Gómez Quevedo
Galego
O TURISMO E A SÚA INFLUENCIA NA ECONOMÍA DE OURENSE

O turismo, como actividade, é practicamente un elemento novedoso para Ourense e provincia, comezouse a falar do mesmo nos anos noventa, e a reparar máis nel a finais do século pasado. Pódese afirmar sen dúbida, que resulta un elemento novo para a nosa economía, polo tanto a súa incidencia inda é pouco notable na maioría dos casos, a pesar que non hai regra sen excepción, xa que na provincia temos casos de vilas que convertiron ó turismo nunha das súas actividades económicas principais.

Falamos ou aplicamos o termo actividade, posto que o turismo é unha actividade productiva que leva consigo a creación do valor, creando riqueza ou aumentando a utilidade dos bens xa dispoñibles ou doutros xerados polo home.

O Turismo englóbase no sector terciario, tamén chamado sector servicios. A utilidade que xeran as empresas turísticas, pode definirse coma : " a satisfacción do desexo dos consumidores de practicar actividades turísticas".

No turismo, o producto que crean as empresas non é un ben material senón que soe consistir na prestación de servicios ( aloxamento, transportes, intercambios, guías etc) a excepción quizais dos "souvenirs" que é o único ben que se pode catalogar de turístico. A producción turística céntrase nos servicios.

España, destaca cunha posición importante dentro de este ranking mundial pero e Galicia, e Ourense, como inflúe este feito no noso recuncho do territorio, aproveitámonos de esta gran fonte de riqueza o pola contra estamos a perder unha oportunidade de facer do turismo o motor da nosa economía. Quizás estamos a pensar que é un imposible, polo momento poda ser, pero sen dúbida temos motivos suficientes para darlle máis importancia a este sector en Ourense, do que ata agora se lle deu, sen esquecernos dos últimos acontecementos coma a creación do Padroado de Turismo de Ourense, no ano 1996, e a recente nova titulación que en breve vai impartir o campus de Ourense, ou tamén o feito de que no plan Factor, sexa contemplado o turismo coma un apartado na economía da Provincia.

Feitos que indican que hai xente en Ourense que aposta polo turismo

A pesar de esto segue sendo insuficiente a tarefa desenvolta neste senso, xa que os datos que obtiven para facer este artigo sobre o turismo en Ourense son os extraídos do mercado turístico Galego que proceden do IGE ( Instituto Galego de estatística) ase como de Turgalicia, INE ( Instituto Nacional de Estatística) etc. Os Organismos Ourensáns, exceptuando algunhas oficinas de información turística e os centros comarcais, carecen de informes que reflexen datos de turismo na provincia polo que non é doado dar unha visión xeral da Provincia ante o mercado turístico, de tódolos xeitos intento dende este sinxelo artigo a cercarnos o máximo a realidade actual.

Referente a Ourense o turismo que chega a nosa provincia é un turismo nacional o mesmo que a maioría do que visita Galicia, inda que existe unha participación crecente do turismo estranxeiro que actualmente se sitúa nun 13% na media do establecementos hoteleiros..

Ourense, de toda Galicia é a gran descoñecida, non só para o turismo nacional, senón tamén para o propio turismo galego.
A provincia conta con 37 hoteis, 9 cámpings e máis de 54 casas de turismo rural que representan o 20% do total galego.

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net