Volume 9 Número 1 Ano 2010
Autor:José Manuel Álvarez
Reflexión sobre o PERI de Seixalbo
Autor: José Manuel Álvarez
Galego
Moito se ten falado e escrito sobre do PERI de Seixalbo, en diferentes medios e mesmo nesta revista Solaina, durante estes anos dende que se aprobou e entrou en vigor o plan, indudablemente con opiniós a favor e en contra do mesmo, todas respetables, por suposto, pero a verdade é que dende entón, vaise consolidando, e vanse vendo os seus froitos, casas reformadas espectaculares, vivendas que sen axuda, e non me refiro só a económica, sería impensable que se reformaran, e un aspecto do conxunto do pobo, que xa se vai notando, máis que aceptable.

A sociedade en xeral é reacia as reformas das normas, e neste caso a de Seixalbo tamén, aínda que ca perspectiva que dá o tempo, vese que a medida non era equivocada. Non hai mais que ver a difusión que teñen algunhas das súas casas reformadas, tanto a nivel local, como a nivel maís amplo, en revistas especializadas de arquitectura e interiorismo.

Non se poden pór xanelas ó tempo, porque este pasa inexorablemente, pero si se pode conxugar o bo do pasado, co tempo actual.

Temos que beneficiarnos dos adiantos dos tempos actuais, sen renunciar a boa obra e os materiais dos tempos pasados.

Os materiais, a arquitectura e a nobreza dos fermosísimos pazos galegos, non ten nada que envidiarlle os grandes pazos de calquer lugar, e a construcción e materiais que se están empleando nas reformas de Seixalbo, responden a esa calidade e funcionalidade, con uns resultados moito máis que notables.

Nos tempos actuais, os estudios de arquitectura, os avances nos tratados dos materiais, permítennos disfrutar e conxugar os materiais nobres de sempre, como a madeira e a pedra, co disfrute dos adiantos da vida de hoxe.

Porque non sempre foi así, aínda non hai moitos anos que a facilidade de escoller materiais, tanto para fachadas como para interiores, era moi limitada, por eso se ven algunas obras un tanto discordantes, en certa medida, co entorno e realidade do interior do pobo, nada que ver por suposto, ca extensa gama de solucións de todo tipo que, existe na actualidade; aproveitémonos desta facilidade para non distorsionar máis o entorno singular do pobo.

O lema dunha semana cultural celebrada ai anos era “Seixalbo, un lugar para vivir”, esto, se sempre foi verdade, estase a convertir nunha emocionante realidade, polas súas xentes, polo seu privilexiado emprazamento, e polo seu, cada vez mais fermoso, entorno interior.

Debemos aproveitar as axudas que nos brinda o PERI, aínda que sexan cativas, para seguir modernizando o pobo e convertilo no entorno humanizado e fermoso que todos queremos.

Porque de verdade… é un privilexio vivir en Seixalbo.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net