Volume 11 Número 3 Ano 2008
Autor:Ledicia Iglesias Pazo
A VOZ E O CORPO. UN EQUILIBRIO
Autor: Ledicia Iglesias Pazo
Galego
Vimos ao logopeda porque estamos afónicos, a gorxa dóenos, quedamos sen voz. O terapeuta proponnos empezar tratamento fixándonos nos pés. ¿Estou no logopeda ou no podólogo? Que reine a calma: estás no lugar correcto e todo ten unha explicación. Efectivamente, os pés, como parte do corpo, tamén teñen algo que dicir na túa disfonía.

A voz prodúcese na larinxe

Fai clic para agrandar...

Como ben é sabido, a voz prodúcese na larinxe, ónde se atopan las cordas vocais. Estas, mediante a presión do aire que sube dos pulmóns, se cerran e ondean, producindo así so. Este so fundamental, de moi baixa intensidade, é amplificado mediante as cavidades de resonancia na súa saída cara ao exterior do corpo. Este proceso, se ben é o punto de orixe da voz, non deixa de ser máis ca unha pequena parte do resultado final, xa que hai outros moitos factores que interveñen en cómo é unha voz.

Factores que interveñen
A xestión da respiración, o estado de tensión/distensión, e incluso a forma de ser e o estado anímico da persona, son aspectos que modifican a producción da voz, cómo soa. O terapeuta incidirá nestes aspectos e suxerirá estratexias para que non interfiran nela, e así, poidamos sacar o maior proveito das nosas posibilidades vocais.

Se ben moitos dos exercicios que se nos propoñen entran dentro das expectativas do paciente (vocalizacions, relaxacións puntuais, disposición corporal,...), outros parecen desconcertantes. Resulta chamativo que para mellorar a proxección da nosa voz, a eficacia desta, o terapeuta incida na necesidade de adquirir un bo contacto dos pés co chan; notar o peso do corpo homoxeneamente repartido por toda a planta do pé; relaxar a articulación dos xeonllos; favorecer a rotación pélvica, así como evitar que ésta bascule; e un longo etcétera.

A voz prodúcese nun corpo
Unha vez localizado o mecanismo que dá orixe ao so, é necesario recordar que a larinxe non está soa, allea ao seu entorno anatómico e funcional. En efecto, o corpo non se pode entender como estructuras independentes, senon un sistema complexo no que os distintos sistemas contribuen ás funcions do organismo no seu conxunto. Así mesmo, a larinxe forma parte dun sistema –fonador, respiratorio, valvular-, todo un entramado nervioso, muscular e articulatorio, no que están concernidas tanto as estructuras máis inmediatas como as máis periféricas.

Fálase do corpo coma unha cadena muscular. De modo que cada músculo, en caso de estar alterado o seu estado, modificará á súa vez o estado do músculo colindante, e así sucesivamente. Esta cadena muscular, en tanto que é un corpo que se move, camiña, senta,… é dicir, unha persoa que se relaciona no espacio, está en constante búsqueda de equilibrio. De modo que se temos músculos sobrecargados (hipertónicos), ou flácidos (hipotónicos), a cadea no seu conxunto tende a buscar compensacions para reestablecer o equilibrio postural. As compensacions que se producen tradúcense en que, por exemplo, cada certo tempo teñamos que acudir ao fisioterapeuta, a que nos “desfaga as contracturas”; esas contracturas que, probablemente, sexan as causantes das pequenas dores de cabeza que temos dende fai un tempo.

Todo este mapa muscular, ¿en qué afecta á voz? Os desequilibrios xenerados alá onde sexa, dunha maneira ou doutra interfiren no equilibrio do sistema fonador, xa que, como dixemos anteriormente, forma parte do corpo e do su entramado. Toda a musculatura da cintura escapular, a lingua e a Articulación Temporo Mandibular, relaciónanse directamente coa larinxe, e modifican a producción vocal. Pero coa mesma rotundidade, podemos asegurar que a musculatura da cintura lumbar, abdominal, costal, pélvica, así como toda a musculatura máis distal, participa na nosa fonación.


A calidade da nosa voz e o sobreesforzo
Namentras falamos, cantamos, ou realizamos calquera acto de fonación, adoptamos unha postura que configura non só unha imaxe de nós mesmos, senón tamén a calidade da nosa voz. Sempre nos dixeron que debemos pornos “rectos” para falar, ou para cantar. ¿Por qué? ¿Só por estética? ¿Por linguaxe corporal? Non, tamén por economía de esforzo.

Poñamos un exemplo. Se nos encorvamos, non só estamos transmitindo unha imaxe cansada, de medo, de necesidade de protección; senón que a nivel muscular e estructural, estamos desequilibrando un sistema. Éste, mediante compensacións, busca emitir unha “boa voz”, é decir, a voz que queremos, a nosa. De modo que a larinxe ten que traballar nun entorno que a desestabiliza. Isto implica que emitirá voz cun esforzo extra: sobreesforzo. Inevitablemente, o sobreesforzo instaura a curto ou longo prazo algunha alteración da voz, a nivel funcional ou incluso tamén a nivel orgánico. Encontramos así unha relación directa entre o desequilibrio corporal e a producción da voz e as suas alteracions.

O mesmo proceso se desencadea con alteracions posturais máis sutiles, como por exemplo, unha alteración estructural como pode ser unha escoliose; unha descentralización do peso corporal; unha hiperextensión dos xeonllos; unha tendencia a vascular a pelvis hacia un lado; …

Moitas persoas que se dedican a falar durante horas (formadores, comerciais, avogados, administrativos,…), sitúanse diante do auditorio, de pé e dereitos, e a medida que transcorre o tempo, trasladan o peso do corpo: primeiro ao pe dereito, logo ao esquerdo, e así sucesivamente. Neste balanceo, o cuerpo vai mantendo o seu equilibrio basal mediante as compensacions musculares consabidas; e na cúpula, o final da engranaxe, a voz emerxe. A persoa intenta que ésta se manteña igual de eficaz durante toda a charla, inda que, probablemente, dende xa fai uns minutos, lle doen as costas, lle molesta o pescozo, e nota un nú na gorxa. É posible que acabe extenuado da charla, coa voz esgotada. E así, tamén é posible que a orixe da súa disfonía non se atope nalgunha lesión orgánica, senón que todo proveña da postura que tende a reproducir cada vez que debe falar.
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net