Volume 9 Número 1 Ano 2010
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
O recanto da música: EN LEMBRANZA DE MANUEL DE DIOS
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego
Hai uns días asistín a un acto no que se lle adicaba ao artista Manuel De Dios unha rúa. Foi no concello de Coles. Nese acto sinxelo, despois do discurso institucional por parte do alcalde do concello, e da intervención dun familiar do homenaxeado, o grupo musical Vellos Amigos interpretou unha peza deste músico baseada nunha melodía tradicional que me emocionou moito. Foi o Alalá de Vilarchao. A verdade é que os intérpretes fixérono con moito acerto e con moita forza emotiva. Déronlle moita vida á mencionada peza, o que lle deu moita emoción ao descubrimento da placa feita polo artista ourensán Manuel Buciños. Volvín para Seixalbo, e como a melodía que escoitara me seguía bulindo na cabeza, collín a guitarra e na mesma tonalidade que fora cantada, ou sexa Dm, adapteina para este instrumento ao que tanto cariño lle teño: A guitarra. Como veredes se a tocades, a peza ten varias partes ben definidas: Alalá; parte instrumental, melodía cantada polos homes; parte final na que cantan homes e mulleres. E para rematar, de novo vólvese á parte instrumental cantada por todos os membros do grupo.

Velaí a partitura que poño á vosa disposición, co ánimo de seguir adaptando máis pezas deste e doutros artistas ourensáns, pois paréceme que son sumamente fermosas e atractivas.

Serva este inicio dun traballo máis amplo, como unha lembranza de afecto e admiración ao que fora director de Coral de Ruada.


Fai clic para agrandar...

Fai clic para agrandar...
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net