Volume 7 Número 2 Ano 2009
Autor:M. Herminio Iglesias Vázquez
O RECANTO DA MÚSICA
Autor: M. Herminio Iglesias Vázquez
Galego


CANTO DE NADAL


IMOS CANTANDO


Imos todos cantando

na mellor festa que hai

o nacemento do Neno

que está no colo da nai.



Fai clic para agrandar...






Esta canto de Nadal tradicional extraído do cancioneiro de Gustavo Freire pareceume moi interesante tanto pola música como polo texto. Arranxeino para guitarra, coa intención de que , ademais de cantalo empregando as acordes da tonalidade, se poida tocar nestas festas tan entrañables dunha maneira máis guitarrística.

O Nadal é un tempo morriñento que hai que animar xuntándonos para arredar a saudade que temos ao lembrar aos ausentes.

Só queda animar aos guitarristas a interpretala, seguro que lles gustará. Igualmente aqueles que o desexen poden mandarme a través do correo de Agromadas, ou do meu as consideracións que estimen oportunas. Anticípolles que as lerei con atención e as tomarei en conta. mhiseixalbo@gmail.com
¡FELIZ NADAL E OS MELLORES DEXESOS DE
PAZ E PROSPERIDADE PARA O 2010 !!!

Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadass@gmail.com
alzia.net