REQUEIXADA: Grupo Teatro Adultos

O grupo de teatro de adultos REQUEIXADA nace en Seixalbo no ano de 2004, para recoller as inquedanzas dos veciños de Seixalbo da man de Amelia González Iglesias tratando de enlazar coas actividades escénicas que anos atrás había neste lugar do concello de Ourense.
Os obxectivos deste grupo afecionado son fundamentalmente lúdicos. Pero sen renunciar a superación permanente como meta. E camiñando na percura da recuperación dun ambiente veciñal participativo, ameno e divulgativo, e das costumes, vivencias e tradicións pretende facerse un oco no mundo teatral dos adultos.
Dado o éxito obtido nas suas primeras representacións estuda a preparación de novos proxectos.


Obras representadas.

As tres Raiñas Magas


Autor/a: Gloria Fuertes (Adaptación: Amelia González)

Estrea: 2 de Xaneiro de 2005 (Local de Penouzos, Seixalbo)








Don Quijote, El enamorado Caballero


Autor/a: Miguel de Cervantes (Adaptación de Amelia González dalguns pasaxes de Don Quijote de    la Mancha)

Estrea: 15 de xaneiro de 2005 (Local de Penouzos, Seixalbo)
Outras representacións: 8 de setembro de 2006 (Praza do Cabildo, Seixalbo)







Representación dunha peza sobre o Xuizo dos Foros


Autor/a: Amelia González Iglesias

Estrea: 1 de xullo de 2006 (Praza do Cabildo, Seixalbo - 1ª Festa de eximición dos Foros)








A Ratiña Presumida. Os Tres Cerdiños. O Conto da Leiteira


Autor/a: HC Andersen. HC Andersen. FM. Samaniego

Estrea: 7 de xaneiro de 2007 (Local de Penouzos, Seixalbo)








Representación dunha peza sobre o Xuizo dos Foros


Autor/a: Amelia González Iglesias

Estrea: 1 de xullo de 2007 (Praza do Cabildo, Seixalbo - 2 ª Festa de eximición dos Foros)
Atópanos en facebook
Asociación cultural Agromadas
Rúa Abelardo Arce Nº25
32970 Seixalbo · Ourense

agromadas@seixalbo.com
alzia.net